Skip to main content

O noso rural

merece un cambio

O rural galego precisa un cambio. O seu despoboamento e a súa dependencia crónica do turismo nos meses estivais levao a un futuro pouco esperanzador.
Galicia Remota é un proxecto que nace no rural e que loita directamente contra ambas problemáticas, atraendo talento emprendedor, axitando os axentes de cambio locais e ensinando as vindeiras xeracións sobre autoemprego e emprendemento.

Experiencias e teletraballo

no rural galego

As experiencias Galicia Remota buscan atraer emprendedores, teletraballadores e nómadas dixitáis de todo o mundo ó noso rural. ¿Para qué? Para que, integrándose, vivan unha das súas mellores experiencias de vida, se namoren da nosa terra e desexen axudarnos a construir un futuro mellor para o noso rural.

Integración real

dos participantes

Experiencias de 3 a 21 días nos que se levan a cabo diferentes iniciativas cos participantes: obradoiros con artesáns, roteiros, retos con emprendedores locais e con estudiantes, xornadas culturais e gastronómicas, actividades deportivas ó aire libre, aloxamento en casas rurais tradicionais, iniciativas medioambientais e moito máis…
Experiencias vitais que buscan unha integración real dos participantes.

Galicia Remota é

un novo modelo de turismo

e innovación rural

onde todos gañamos

Pueblos Remotos

          Carnota

A nosa primeira experiencia en colaboración con Pueblos Remotos celébrase no mes de maio de 2024 no maxestuoso enclave de Carnota, na Costa da Morte coruñesa.

Contáctanos para coñecer
as nosas próximas experiencias e pasos.
Estamos desexando expallarnos
por toda Galicia.

Galicia Remota
Aldea de Miñarzo – Lira
15292 Carnota
+34 667 557 996
ola@galiciaremota.com

Confinanciado por:

Aportando a Diputación de A Coruña 24.000€
e o Concello de Carnota 6.000€